A Deputación da Coruña reforza o seu apoio á confraría de pescadores de Cedeira

A deputada de Mar e Medio Rural da Deputación da Coruña, Cristina Capelán Cancelo, visitou esta semana a Confraría de Pescadores de Cedeira, acompañada do alcalde da localidade, Pablo Moreda Gil, para coñecer de primeira man a actividade e as necesidades do sector pesqueiro e marisqueiro local. Ambos reuníronse coa secretaria da confraría e a presidenta das mariscadoras.

Durante a visita, Capelán puxo en valor o traballo da confraría, que vén de recibir unha axuda da Deputación de 19.000 euros para a contratación de dúas persoas encargadas de mellorar os servizos que a entidade ofrece aos seus 141 asociados e asociadas. Grazas a esta subvención, púidose incorporar un encargado da lonxa e reforzar a área administrativa coa contratación dunha secretaria, co obxectivo de mellorar a xestión interna e a comercialización dos produtos do mar.

Ademais, a confraría conta cunha segunda axuda da Deputación, por importe de 21.000 euros, destinada á adquisición dun vehículo para tarefas de vixilancia e transporte, unha ferramenta clave para garantir o control das zonas de explotación e a sustentabilidade dos recursos mariños.

A deputada destacou que estas achegas “son exemplo do compromiso da Deputación co sector pesqueiro artesanal, fundamental para a economía local e a identidade dos nosos concellos costeiros”, e subliñou que “as confrarías, como a de Cedeira, son piares da economía azul, xeradoras de emprego e cohesión social”.

Estas axudas forman parte do plan provincial de apoio ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras e mariscadores, que este ano mobiliza preto de 800.000 euros en 45 actuacións. As subvencións inclúen tanto actividades de funcionamento e promoción de produtos do mar, como investimentos en mellora de infraestruturas e equipamentos, cun especial foco nas pequenas confrarías e na valorización dos produtos locais.

A través destas liñas, a Deputación contribúe a garantir a viabilidade, modernización e profesionalización dun sector estratéxico da provincia como é o pesqueiro e marsiqueiro, favorecendo tamén o relevo xeracional, a transformación dixital e o impulso de eventos como as festas gastronómicas, que promoven a calidade dos produtos mar da provincia.

Lea también

Un proyecto gallego impulsará la cadena de valor de la industria de la eólica marina en el Atlántico con varios países

El Galician Offshore Energy Group (GOE-Asime) impulsará el proyecto Aofftech, una iniciativa de tres años …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *