Últimos días para apuntarse na III Cronoescalada Sanrockeira que discorrerá por Naraío o venres 8 de agosto

O prazo de inscrición remata ás 14:00 horas do próximo domingo 3 de agosto.

Fuente concello de San Sadurniño

Tralo éxito de participantes colleitado o ano pasado, o Concello de San Sadurniño e Biela e Chaveta volven organizar neste 2024 a Cronoescalada San Rockeira, que terá lugar en Naraío o venres 8 de agosto, primeiro día das festas do San Roque. As inscricións para a cita ciclista están abertas desde hai varias semanas a través da páxina emesports.es. O último día para apuntarse -5€- é este domingo 3 de agosto ás 14:00 horas… a menos que se esgoten antes as 125 prazas dispoñibles. 

A cronoescalada Sanrockeira 2025 volverá estar dividida en dúas modalidades, unha para bicicletas de estrada e outra para BTT, e dúas categorías en cada unha: Absoluta -18 a 49 anos- e Máster 50 -de 50 anos en diante-. En ambos apartados haberá que completar un percorrido de 3,4 quilómetros de distancia que comezará no campo da festa de Naraío e que despois continuará polos lugares do Eirexado, Correlo, o Cerdeirido, a Cernada -polo camiño novo-, Lourido e, finalmente, o lugar de Quintiá.

A saída para a primeira persoa participante darase ás 18:00 horas e a partir de aí irán arrancando individualmente cada 60 segundos. Todas terán por diante un auténtico desafío crebapernas  con 468 metros de desnivel positivo, a maior parte deles concentrados no último quilómetro. Algo asumible para calquera ciclista con certa práctica, aínda que ben é certo que os mellores tempos estarán reservados para quen xa teña moita experiencia e adestramento.

Os primeiros mil metros, entre o Eirexado e a Cernada (polo camiño novo de Lourido) teñen escasa dificultade, con costas suaves, algún segmento chan e incluso algunha baixada.  Da Cernada en diante, faltando aínda  2,4 km para a meta, a cousa vólvese máis dura cun ascenso ininterrompido ata practicamente o final no que só se atopan dous breves momentos de folgo: uns raquíticos vinte metros case chans ao entrar en Lourido e os 400 metros previos á chegada, que lle ofrecen a quen aínda conserve azos a oportunidade de botar un sprint para rabuñar algúns segundos no crono.

A Sanrockeira é unha proba ben apetecible para calquera amante do ciclismo. En tan só dúas edicións -esta é a terceira- conseguiu meterse entre as probas de referencia do calendario amador. Ante a expectativa de que haxa unha alta demanda de inscricións, a organización decidiu este ano ampliar as prazas a 125 e, ademais, incluiu o prezo pouco menos que simbólico de 5€ para sufragar os custes do seguro e da cronometraxe, que se fará con chip.

As prazas na cronoescalada irán asignándose por orde desolicitude a través da web emesports.es ata completar o cupo, mentres que os postos de saída se distribuirán segundo a orde de chegada e retirada do dorsal. O último día para anotarse é este domingo 3 de agosto ás 14:00 horas, a menos que se complete antes o tope de participantes fixado pola organización.

A cita está organizada polo Concello e o club MTB Biela e Chaveta coa colaboración da comisión de festas de Naraío, que celebra o San Roque na noite do venres 8 -día da Sanrockeira-, o sábabado 9 e o mediodía do domingo 10 de agosto.

http://Inscrición na III Cronoescalada Sanrockeira

BTT nocturna en setembro
A outra cita ciclista que ten na axenda San Sadurniño é unha ruta BTT nocturna o venres 19 de setembro a partir das 21:00 horas con saída e chegada no CPI de San Sadurniño. Neste caso serán 21 quilómetros de baixa dificultade por pistas, camiños e corredoiras do concello.

Ofértanse un máximo de 125 prazas, que se poderán reservar de balde ata as 14:00 horas do 17 de setembro a través deste formulario: http://deste formulario.

 

 

Lea también

Un paso más, el objetivo del Baxi Ferrol en su visita de este domingo al IDK Euskotren

Tras una semana de descanso, vuelve la Liga Femenina Endesa para el Baxi Ferrol, empezando …