O BNG convida a sociedade comarcal a participar na mobilización do Día da Patria Galega.

Dende a Executiva Comarcal do BNG en Ferrolterra e a organización xuvenil Galiza Nova quixeron facer unha chamada a sociedade comarcal a celebrar o día da Patria Galega, animando a pendurar a bandeira galega das xanelas e balcóns e a asistir a manifestación nacional que o día 25 percorrerá as rúas de Compostela baixo o lema “Galiza sempre! Unha nación en marcha pola súa soberanía”.

Dende o BNG convidamos á participación nesta mobilización para celebrar o orgullo de ser galegos máis tamén para reivindicar a construción dun futuro mellor para Galiza entre todos.

No ano Castelao, e baixo un lema que homenaxea e recolle o seu legado, queremos, tamén, reivindicar a súa figura e o seu pensamento como guieiro na defensa dos dereitos nacionais e sociais do pobo galego. Como Castelao, hoxe dende o BNG defendemos unha Galiza soberana, dona de si mesma, que poida decidir o seu futuro sen máis límite que a propia vontade do pobo galego. 

O BNG sinala que «este Día da Patria celébrase nun contexto de deterioro social e económico, marcado pola perda de poboación, a precarización da vida e a agresión constante aos recursos naturais e ao territorio” Un modelo imposto polo PP na Xunta que actúa como axente comercial das grandes multinacionais, entregando o País a intereses alleos. 

O BNG reclama un novo marco político para Galiza que lle dea capacidade real para decidir sobre os seus recursos enerxéticos, produtivos e económicos. 

Lea también

Ferrol mantiene las medidas de precaución ante el descenso del nivel del embalse de As Forcadas

El Concello de Ferrol mantiene las medidas de precaución para garantizar el abastecimiento de agua …