Ferrol celebró el Día de Galicia con la tradicional ofrenda floral ante el monumento a Fontenla Leal

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidiu na tarde deste xoves, día 24, o acto institucional conmemorativo do Día de Galicia na Praza do Himno Galego, en Esteiro, onde se realizou a tradicional ofrenda floral no monumento de Xosé Fontenla Leal.

Ao acto asistiu a corporación municipal e representantes de diferentes entidades , entre ellas a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, a senadora do PP Verónica Casal;  e a Vicerreitora do Campus Industrial, Ana Isabel Ares.

Durante o acto, o rexedor lembrou a figura de Fontenla Leal, persoeiro clave na creación da Real Academia Galega e divulgador incansable da cultura galega desde Cuba, país ao que emigrou xunto a seus pais.

Rey Varela lembrou que “a nosa identidade aséntase na maneira en que vivimos e compartimos a nosa terra e Galicia é moito máis que un lugar no mapa: son as persoas que lle dan vida e que traballan por ela”.

Neste sentido enxalzou o papel de todas aquelas persoas que sentaron as bases da cultura galega e lembrou a responsabilidade que ten o conxunto da sociedade de coidar dela, porque “exercemos como garante do seu mantemento e con ela contribuímos a enriquecer o país ao que pertencemos”.

Entre os elementos diferenzadores da terra galega, como a lingua ou o folclore, o rexedor fixo fincapé naqueles singulares da cidade departamental, como o Real Coro Toxos e Froles, que puxo música e danza ao acto.

O alcalde da cidade rematou a súa intervención desexando un feliz Día de Galicia a todos os presentes.

E tras e tras as palabras do rexedor procedeuse a unha ofrenda floral por parte  do alcalde e dos membros da corporaciòn, da delegada da Xunta e representacións.

Lea también

Rosa Martínez destaca la participación de las personas mayores en los actos del 300 aniversario del Ferrol moderno

La concejala de Política Social, Rosa Martínez Beceiro, puso en valor la implicación de las …