As Pontes acolle a exposición de maquetas de Manuel Barro

O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, visitou o luns 21 a exposición de maquetas de Manuel Barro, veciño pontés, apaixonado do modelismo, na Asociación de Veciños da Magdalena.

A mostra, aberta ao público desde as 16:00 ata as 21:00 horas, recolle unha ampla colección de maquetas elaboradas a man por Barro, entre as que se atopan avionetas, maquinaria agrícola, barcos, motocicletas, camións e moitas outras reproducións.

Durante a visita, o alcalde estivo acompañado pola concelleira delegada da Área de Axenda Urbana, Turismo, Deporte e Promoción Económica, Elena López. Ambos quixeron felicitar persoalmente ao veciño pontés polo seu traballo, no que “cada peza reflicte a minuciosidade, paciencia e dedicación dun traballo feito con paixón ao longo de anos”

Ademais desta mostra puntual, Manuel Barro conta cunha exposición permanente, conformada por 70 maquetas, na Escola de Saa, sobre os equipos e enxeños empregados na extracción de carbón na vila, que se pode visitar previa cita no no teléfono 981 45 31 16.

Desde o Concello invita á veciñanza a visitar ambas mostrar e felicitan a Manuel Barro polo seu compromiso co modelismo e pola súa xenerosidade ao compartir este traballo co público, contribuíndo a poñer en valor a creatividade e a paixón que moitos veciños dedican ás súas afeccións.

Lea también

El Festival Internacional del Mundo Celta de Ortigueira 2026 tendrá lugar del 9 al 12 de julio

Tras la excepcional ampliación para celebrar el cincuenta aniversario de la Escola de Gaitas de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *