Equiocio Ferrol promove bautismos de surf de balde para nenos e maiores

Equiocio Ferrol convida a nenos e maiores a iniciarse  na práctica do surf da man de Luis Rodríguez, un dos grandes referentes deste  deporte en Galicia. LR Surf School, a escola do subcampión do mundo (ISA World  Cup), campión de Europa (EUROSURF) e varias veces campión de España, será a encargada este ano de guiar as sesións que promove Equiocio Ferrol, co apoio da  Mancomunidade e un obxectivo claro: continuar contribuíndo á promoción do  territorio como destino surf.  

LUIS RODRÍGUEZ_LR SURF SCHOOL

O calendario do programa incluirá tres sesións, dirixidas a tres públicos  diferenciados. A primeira celebrarase o mércores 23 de xullo ás 10:00 horas,  enfocada a nenos a partir de 8 anos e mozos de ata 16. A segunda terá lugar o  xoves 24 de xullo, á mesma hora, pero será unha sesión de surf adaptado, pensada  para usuarios e usuarias de entidades do ámbito sociosanitario integrantes de  Equiocio Social.

A terceira e última, programarase a última semana de xullo, nunha  data favorable atendendo ás condicións do mar e mareas, e está dirixida a aqueles  deportistas que participen no evento hípico. Así mesmo, todos os bautismos de surf  terán como escenario as praias máis próximas a Equiocio Ferrol, elección na que  serán determinantes os factores indicados para marcar tamén as datas. 

A participación será gratuíta, e as prazas, pola metodoloxía de ensinanza, limitadas. A incrición xa está aberta para as sesións, e as persoas interesadas poden solicitar  a súa enviando un correo a equiociocomunicacion@gmail.com sinalando nome e  apelidos, DNI, data de nacemento e data para a que se pide praza. 

Lea también

La Cocina Económica de Ferrol lanza una nueva campaña de captación de socios

Con el lema “No está tan lejos ayudar de ser ayudado” la entidad benéfica realiza una …