O BNG de Narón presenta o pleno unha moción para que non se demore á marcha das subvencións nominativas e de concorrencia competitiva no Concello

Olaia Ledo, portavoz municipal-Archivo

O concello de Narón ten aprobado un plan estratéxico de subvención (PES) de tres anos desde o 2024 para as axudas a entidades culturais, deportivas, sociais, veciñais e educativas que este ano informa o BNG «estanse demorando por non ter presentado orzamentos».

Desde o BNG indican, que coma en moitos outros concellos, isto non é un impedimento se desde alcaldía teñen a vontade de facelo. Por iso instan desde o BNG, a través dunha moción, a solicitar un informe á intervención e, baixo un modificado de crédito, facelo cos orzamentos prorrogados desde hai sete meses “diñeiro hai porque no 2024 xa se contaba nos orzamento cons estas axudas. Agora, ao estar prorrogados, o seu é facelo sen demora” indica a voceira munipal Olaia Ledo.

No BNG declaran “que a inoperancia dun goberno non pode implicar que se perxudique a terceiros e máis se falamos de entidades que fan un traballo esencial e positivo para toda a cidadanía de Narón”.

Por todo isto, o grupo municipal nacionalista presenta para o seu debate en pleno unha moción na que insta ao concello a facer o propio e facilitar que estas axudas non se demoren “e implique que entidades teñan que buscar créditos bancarios ou parar a súa actividade por non contar cun diñeiro que xa foi aprobado para tres anos no 2024” indica Olaia Ledo, portavoz municipal.

Lea también

Narón acolle unha recepción institucional a tres menores que participan no programa Vacaciones en Paz

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu a recepción oficial que tivo lugar no Concello …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *