Últimos días para inscribirse en Narón nas sesións de ioga no parque de Freixeiro e no paseo de Xuvia

As persoas que desexen acudir ás sesións de ioga programadas polo Concello de Narón no paseo de Xuvia e no parque de Freixero durante o mes de agosto están aínda a tempo de anotarse.

Así o recordou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, recordando que do parque de Xuvia as sesións serán os luns e mércores de 10:00 a 11:00 horas e de 11:00 a 12:00 horas e no do parque de Freixeiro serán os martes e xoves neses mesmos horarios.

As persoas que desexen acudir deben aportar o seu propio material: colchoneta, esterilla, toalla. O prezo por persoa e mes é o establecido na pertinente taxa, regulada pola ordenanza municipal correspondente, de 13,05 euros.

Para anotarse na actividade pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 2503 e 2505), en horario de 8.30 a 13.00.

Lea también

O parque do río Freixeiro en Narón acolle nova edición do Mercado medieval

A edil de Feiras e Mercados de Narón, Mar Gómez, presentou a programación do Mercado …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *