A pintora ferrolá Maribel Garrote, autora do cartel oficial de Equiocio Ferrol 2025

Equiocio Ferrol 2025 estrea por fin o seu cartel oficial. A pintora ferrolá Maribel Garrote é a autora da obra que a organización utilizará para a promoción do certame hípico e de lecer familiar, que se desenvolverá en Covas do 31 de xullo ao 3 de agosto. “A galope” recrea unha estampa de equinos en liberdade. 

A pintora, que vén participando no evento como integrante da Coral Polifónica ferrolana del Casino Tenis Club, toma a testemuña de Eduardo Hermida e de Carla Villaamil, que asinaban os carteis das anteriores edicións. Desta forma, o certame dá continuidade á súa aposta por reivindicar o traballo dos artistas da cidade.

Apaixoada dende sempre ás artes plásticas, Garrote foi alumna de dous dos grandes expoñentes da pintura galega: Segura Torrella, e posteriormente, González Collado. Esta prolífica artista, con exposicións en distintos puntos do país e mesmo fóra, pon o foco na obra “A galope” nos equinos, un animal que sempre lle atraeu, a pesar da dificultade de plasmar o seu movemento, a súa pelaxe… Un animal que é o auténtico protagonista de Equiocio Ferrol.

Lonxe de estampas bucólicas e costumistas, o obra de Garrote mostra a unha manada de cabalos que marcha cara ao espectador, transmitindo a idea de forza que acompaña a este animal e, por riba de todo, a sensación de liberdade.

Equiocio Ferrol presenta o seu cartel oficial nas portas da que será a súa edición número 34, na que volverá contar como principais patrocinadores coa Xunta de Galicia, Concello de Ferrol, Turismo de Galicia, Deputación da Coruña, Gadis e Estrella Galicia.

Lea también

El Aula UNED de Ferrol acoge una conferencia sobre el impacto del Nilo en el Antiguo Egipto

El Aula UNED de Ferrol (situada en la calle María, 52-54) se convertirá este viernes, …