As alumnas/os obterán a certificación para traballar como soldadores, en atención sociosanitaria a dependentes, ou como docente de Formación Profesional.
A Fundación para a Orientación Profesional de Galiza (forGA) organiza na súa sede de Narón cinco cursos para a formación e a inserción laboral de persoas desempregadas.
Os cursos son de Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo non consumible (soldeo TIG e soldeo MIG/MAG); Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, e Habilitación para a docencia en grados A, B e C do sistema de Formación Profesional.
Comezan en setembro e son 100% subvencionados. As alumnas/os recibirán a certificación oficial para optar de forma inmediata a postos de traballo na especialidade que elixa. Inclúen ademais prácticas en empresas e formación en prevención de riscos laborais. Hai un límite de 15 prazas por curso e as solicitudes deben facerse na web forga.gal. O único requisito é estar inscrito como demandante de emprego.
“Son cursos cunha orientación moi práctica, dando resposta ás necesidades do mercado laboral na comarca”, explica María Louro, responsable da sede de forGA en Narón, polo que anima “ás persoas desempregadas a impulsar con esta formación a súa inserción laboral”.