Trasladada unha muller afectada por un incendio na súa casa en Narón

Veciños de Piñeiros en Narón alertaron ás 11:42 horas da saída de gran cantidade de fume dunha vivenda localizada nun inmoble da praza do Asilo, na parroquia de Piñeiros. Tamén se informou que veciños do inmoble afectado soficaran un pequeno lume procedente dunha tixola que estaba na cociña. 
 
 
Á chegada dos bombeiros confirmaron unha vez na vivenda que o foco do lume estaba extinguido e procedeuse ao corte de subministros e á ventilación de todas as estancias do inmoble afectado. A propietaria do inmoble foi atendida por persoal do 061.
 
Acudiron á zona axentes da Policía Local de Narón e da Policía Nacional da Comisaría de Ferrol-Narón

Lea también

TEGA leva ao Pleno unha moción para esixir o reforzo urxente da capacidade eléctrica de Narón

O Grupo Municipal de Terra Galega levará ao próximo Pleno do Concello de Narón unha …