Os catro organizadores recorren por segundo ano a relatores da vila de alto nivel nos seus respectivos campos para impartir oito conferencias en xullo e agosto.
Por segundo ano consecutivo, a vila de Cedeira achegarase á ciencia e outras ramas do saber a través da iniciativa Cedeciencia, un ciclo de conferencias impartidas por expertos vinculados dun ou doutro xeito ao municipio que ten a pecularidade de desenvolverse na súa meirande parte fóra dos espazos habituais para este tipo de actividades, en concreto en diferentes locales de hostalería, ademais do Museo Mares.
As charlas terán lugar en dúas fins de semana de xullo e outras dúas de agosto a partir deste venres día 4, cando se estreará o ciclo no establecemento O Mástil. Alí, a partir das oito da tarde, Daniel Iglesias -que xa cursou un ciclo no IES Punta Candieira e agora completa a súa formación con outro de Electricidade- falará da súa experiencia cunha bolsa Erasmus na charla titulada “De Cedeira ao mundo no Erasmus”. Na mesma data, a xornalista cedeiresa Ilda Mosquera -que na actualidade traballa como reporteira da TVG e tamén é escritora- contaranos o que non se ve detrás das pantallas coa súa conferencia “A televisión: todo está preparado menos o que se improvisa”.
A seguinte cita será o 19 de xullo no Sonrisas Café&Bar á mesma hora, as 20:00. A nutricionista Elena Gamaza -que conta tamén formación en Neurociencia Terapéutica e Psicoloxía e ten realizado estudos sobre a súa relación coa nutrición- respostará á pregunta “Por que nos custa tanto saciarnos?”. Pola súa banda Alicia Freire, guionista con varios premios e autora dos libros “Sobre el muro hasta que escampe” e “Lo que vuelve a la tierra” -que narran as vidas dos seus pais, unha uruguaia de familia burguesa e un músico de Cedeira emigrado a Montevideo, onde acadou sona como concertista e luthier- disertará sobre o tema “Da imaxinación á palabra no cine e na literatura”.
Agosto
Xa en agosto, o sábado 2 será o Museo Mares o escenario das charlas, nas que Juan Rodríguez, uno dos organizadores, doutor en Bioloxía Evolutiva e que na actualidade lidera varios proxectos de investigación en Copenhague, falará do “ADN de mamut… en tres dimensións”. A ceramista de raíces cedeiresas Martina Beceiro exporá o tema “Do barro á mesa: a arxila como base dos procesos cerámicos”, non só desde o seu punto de vista como artesá senón aplicando os coñecementos científicos sobre os materiais para explicar os procesos cerámicos .
Para finalizar o ciclo de Cedeciencia, o 9 de agosto contaremos no Chiringo da Madalena con Ana Rubido e Santiago Rodríguez. A primeira é funcionaria superior, traballa no Ministerio de Transformación Digital e está moi vinculada a proxectos intergubernamentais e ao talento mozo. Abordará o “Intraemprendemento público para hackear: o sistema desde dentro dun ministerio”.
Santiago Rodríguez, enxeñeiro que traballou no Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial, participou en proxectos da NASA e dirixe o proxecto ANSER -cuxo obxectivo é que tres nanosatélites voen sen ningún tipo de propulsión- falará, pola súa banda, do tema “Constelaciones de pequenos As conferencias artéllanse cunha duración aproximada de 25 minutos nos que os poñentes exponen os temas de forma sinxela para achegalos a todo tipo de público, e a continuación comeza unha quenda de 5 ou 10 minutos para que as persoas asistentes fagan as súas preguntas ou para abrir algún debate.
O ciclo Cedeciencia comezou o ano pasado da man de catro veciños que tiñan a inquedanza de poñer en valor o talento da xente da vila en diferentes campos da ciencia e a cultura.
Sergio Muíño, doutor en Turismo e moi vinculado á cultura e a divulgación; David Vilela, doutor en Enseñería e investigador centrado, entre outros temas, na intelixencia artificial; Sara Abuín, psicóloga vencellada tamén ás técnicas da Musicoterapia, e Juan Rodríguez, biólogo e un dos conferenciantes deste ano, son os artífices desta iniciativa que desenvolven coa colaboración do Concello de Cedeira e que organizan de xeito voluntario, como tamén o fan os propios relatores. Sergio Muíño explica que se trata de dar a coñecer o o traballo que fan veciños e veciñas de Cedeira ou persoas con raíces na vila nun ambiente sinxelo que permite estar en un bar e escoitar falar a xente de altísimo nivel nas súas respectivas responsabilidades.