A Deputación pagará as expropiacións para a ampliación da estrada DP 2502 en Vilaboa nun acto con data fixada

O Boletín Oficial da Provincia publicaba a relación de persoas e entidades afectadas, que deberán acudir á antiga unitaria o 2 de decembro.

A Deputación da Coruña convoca aos propietarios e propietarias afectados polas obras de ampliación e mellora da
seguridade vial da estrada provincial DP 2502 ao acto de pago de depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación. A convocatoria está dirixida a unha trintena de veciños e entidades, que deberán acudir o 2 de decembro a partir das 10:45 horas á antiga unitaria de Vilaboa.

O pago realizarase aos titulares dos terreos afectados, que figuren como donos dos bens ou titulares do dereito expropiado, e tan só se admitirán representantes destes no caso de que acrediten o correspondente poder autorizándoos. En todo caso, as persoas interesadas poden consultar no Boletín Oficial da Provincia do 5 de novembro a relación de propietarios afectados.

A actuación prevista, orzamentada en 420.879 euros, permitirá ampliar a plataforma da estrada para conseguir un ancho total de 8,25 metros, con 2 carrís de 3 m de ancho en cada sentido de circulación, unha pequena beiravía exterior esquerda de 25 cm de ancho e unha beiravía exterior dereita de 2 m de ancho que facilitará o tránsito seguro de peóns. Así mesmo, a beiravía transitable executarase cunha capa de rodaxe de formigón hidráulico coloreado para distinguilo do resto da plataforma, priorizando o uso de cores que se integren co medio no que se implantará a obra.

A sinalización da estrada realizarase completa, tanto a sinalización horizontal coma a vertical. Ademáis, colocaranse varios redutores de velocidade tipo lomo de asno ó longo do tramo.

Lea también

Un robo en la caseta de socorrismo de Vilarrube, Valdoviño, deja sin servicio la jornada en la playa

El Ayuntamiento de Valdoviño informaba en la mañana de este sábado, día 11 de julio, …