Psoe Ferrol reitera unha solución definitiva para o aparcadoiro de Sánchez Aguilera

O grupo socialista de Ferrol solicitou unha explicación pola «total inacción» no que se refire á busca dunha solución do problema do aparcadoiro de Sánchez Aguilera.

Lembraron que «á súa chegada ao goberno, o alcalde responsabilizou desta situación ao anterior goberno, acusando ao executivo de mala xestión, e asegurando que com el a empresa estaría obrigada a reparalo».

O grupo socialista afirmou de novo que «o alcalde é moi bo anunciando asuntos, pero moi malo executandoos», «polo que ao final non se fixo esa reparación por parte da empresa. Tras isto, o goberno do Partido Popular anunciou unha sanción que se aplicaría por vía xudicial, para cambiar de historia meses despois, dicindo que sería o propio Concello o que cobraría a empresa por vía executiva. Pasados dous anos, non se ten acadado solución ningunha».

«E precisamente o goberno municipal informaba hoxe á Comisión de Urbanismo de distintos proxectos realizados na cidade a través do contrato do servizo de mantemento de infraestruturas do Concello, sendo unha das máis salientables a nova reparación do aparcadoiro no Sánchez Aguilera do mes de abril, que sumou 14.035,76 € «ao pozo sen fondo no que se converteu dito espazo»».

O concelleiro socialista Julián Reina reprochou que «o alcalde intente enganar á cidadanía dicindo que a situación de Sánchez Aguilera foi froito da mala xestión do anterior goberno e que coa súa chegada se solucionaría todo, manifestando que «non temos claro si eses comentarios os fixo dende o seu escano no Senado e foi mal informado». «O certo é que a súa ausencia foi a causa da falta de solución desde hai dous anos», apuntou Reina.

Dende o grupo socialista subliñaron que «este é o enésimo parche sobre un problema que non avanza. Tamén criticaron que, entre todo isto, o goberno do Partido Popular incluíra un orzamento de 100.000 euros para que parecese que ían solucionar o problema, malia que quedou sen gastar, intentando improvisar unha solución substituíndo as luminarias e reparando en datas importantes como Nadal, Semana Santa e verán».

O grupo socialista «considera necesario abordar este problema con seriedade, e pide que o goberno municipal deixe de dar bandazos e busque unha solución a longo prazo«.

Lea también

Avanzan las obras de remodelación de las pistas de fútbol de Caranza para crear un nuevo campo de fútbol 11

Las obras de remodelación de las actuales pistas de fútbol 8 del parque deportivo de …