O ciclo Xullo, mes da Patria arrinca en Fene cunha festa infantil

Inchables, xogos de auga, festa da escuma, toro mecánico (ou simulador de tabla de surf), maquillaxe, photocall, circuito de karts a pedais e animación a cargo de La Guagua. Son os principais atractivos da festa infantil que organiza a concellería de Cultura de Fene para este venres 4 de 17.30 a 20.30 horas, na praza do alcalde Ramón J. Souto González, a carón da Casa do Concello.

Nesta primeira cita do ciclo Xullo, mes da Patria os protagonistas serán os máis pequenos da casa que poderán participar en todas as actividades totalmente de balde.

O mesmo venres pola mañá, a partir das 10.00 horas, repartiranse na Casa da Cultura de Fene as invitacións para asistir ao espectáculo “Xa que o sabes, voucho contar (e cantar)” que ofrecerá o monologuista e actor Federico Pérez o mércores 9, na praza do alcalde Ramón J. Souto González, ás 21.30 horas. Entregaranse dúas entradas por persoa adulta até completar o aforo.

Lea también

Periodistas de 16 países han enviado sus artículos al Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba

La recepción de candidaturas para la 47ª edición está abierta hasta el 10 de septiembre. …