SGHN de Ferrol organiza dúas actividades relacionadas coas Fragas do Ortegal

A Delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural SGHN organiza co patrocinio da Deputación da Coruña dúas actividades que son complementarias, unha ruta e unas conferencia.
 
Dentro do ciclo Xuntanzas Naturalistas a conferencia “Fragas do Ortegal, historia e proxectos da asociación”, que terá lugar o vindeiro venres 20 de xuño ás 19:30 horas no auditorio do Museo de Historia Natural de Ferrol, praza de Canido, s/n, con entrada libre ata completar o aforo.
 
A Asociación “Fragas do Ortegal” é unha organización de natureza asociativa e sen ánimo de lucro que se constituíu no ano 2020. O ámbito territorial no que desenvolve as súas actividades é principalmente o municipio de Cariño e en xeral a comarca do Ortegal
 
O fin principal da asociación é a protección e recuperación do bosque tradicional do Ortegal e da súa paisaxe multicolor. Fomentar o uso natural dos terreos cunha xestión responsable e sustentable desde o punto de vista medioambiental, reforestando zonas inertes ou actuando sobre as zonas de explotación de monocultivos. Os membros da asociación «Fragas do Ortegal» que participarán na xuntanza naturalista son: Rosa Pita Vizoso. Presentación da Asociación Fragas do Ortegal: fins, proxectos e actividades que está a desenvolvere  Miguel Hevia con Fauna e flora.
 
 
Dentro do ciclo Saídas Naturalistas a “Ruta polas Fragas do Ortegal” o sábado 21 de xuño ás 10:00 horas.
 
O punto de encontro da saída é en Cariño e os participantes teñen que desprazarse ata alí polos seus propios medios. Trátase dunha ruta interpretativa por varias parcelas custodiadas pola Asociación Fragas do Ortegal, o nivel de dificultade é moderado, hai que levar botas de montaña e roupa axeitada e recoméndase levar crema solar e auga. Ésta acción é gratuíta por vir subvencionada pola Deputación da Coruña.
 
Para a inscrición á “Ruta polas Fragas do Ortegal” é preciso contactar coa delegación de Ferrol no correo electrónico ferrol@sghn.org pois as prazas son limitadas. Unha vez feita a inscrición a Asociación dará información do lugar de quedada e outra información necesaria relacionada coa ruta.

Lea también

Iria Pinheiro trae ao auditorio de Valdoviño «Vitória, retrato dunha denuncia»

O espectáculo inclúese no ciclo municipal de teatro «Ven o Venres». O auditorio da casa …