Depedro presentará en A Pontes o seu álbum “Un lugar perfecto»

O próximo 3 de outubro de 2025, o recoñecido músico Jairo Zavala, máis coñecido como Depedro, ofrecerá un concerto moi especial no Auditorio Municipal Cinema Alovi das Pontes, a partir das 20:30 horas.

Depedro

Nesta ocasión, o artista presentará o que ata a data é a súa máis recente traballo, “Un lugar perfecto”, nun formato só acústico, que permitirá ao público gozar das súas cancións desde unha proximidade única e emocional. No seu sétimo álbum de estudo, Depedro traza unha xeografía folclórica e emocional, explorando a esencia do humano a través da memoria, o amor e a esperanza.

En palabras do propio Zavala, “Un lugar perfecto” é ese “lugar emocional ao que tentamos chegar”, un espazo onde o camiño importa tanto como o destino. Este traballo é unha invitación para transitar a vida como peregrinos, non como simples espectadores. Nun mundo cada vez máis acelerado e desconectado, Depedro propón deternos, observar e reconectar co esencial. As súas letras profundas e as súas melodías sinceras convidan a abrazar a diferenza, a aceptar a desdicha como parte do amor e a descubrir a beleza nos camiños secundarios da existencia.

Neste concerto en acústico, Depedro levará ao escenario un formato depurado que resaltará a emoción de cada palabra e cada acorde, achegando o seu universo musical ao corazón de cada espectador.

As entradas xa están a venda en aspontes.sacatuentrada.es

Lea también

El ayuntamiento de Ferrol, Premio Alecrín 2025 por la promoción del Camino Inglés

La Federación de Entidades Galegas en Cataluña (Fegalcat) ha celebrado en el mediodía de este …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *