A Xunta subvenciona 2 contratos en empresas de Ferrolterra co programa Primeira Experiencia Profesional

O Goberno galego ten previsto incentivar a contratación de 650 menores de 30 anos mediante contratos formativos a tempo completo de doce meses de duración.

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a farmacia de Javier Lorenzo, unha das empresas beneficiarias desta orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia concedeu o pasado ano un total de 182.400 euros en axudas a cinco empresas da comarca para a formalización de 12 contratos laborais a través do programa primeira experiencia profesional.

Este ano Goberno galego prevé incentivar a contratación de 650 menores de 30 anos por parte de empresas, persoas traballadoras autónomas, sociedades civís e comunidades de bens tal e como informou este mércores a delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración , Juan José Couce, durante a visita a unha farmacia da Estrada de San Xoán beneficiaria da convocatoria anterior grazas á que contratou a unha traballadora.

Tal e como explicou Martina Aneiros, trátase dun programa que este ano está dotado con 6,3 M€, incrementando en máis de 2M€ o importe total do ano anterior, co que se apoia a empregabilidade da xuventude mediante contratos formativos a tempo completo de doce meses de duración, co obxectivo de dotar ós mozos e mozas de competencias para poder acceder a un emprego estable e de calidade, atendendo ás demandas do tecido empresarial e, ó mesmo tempo, contribuír a reter o seu talento en Galicia.

Así, a última convocatoria inclúe dúas liñas de axuda; Unha delas para contratar xoves con titulación ou certificación profesional e outra para brindar unha oportunidade tamén a quen carezan de cualificación profesional recoñecida. «Con estas axudas se facilita á mocidade un período de práctica profesional acompañada dun proceso de formación para o emprego, cubrindo os custos salariais dos postos, con contías que van dos 9.975 euros aos 16.625 euros”, explicou.

O programa primeira experiencia profesional forma parte da batería integral de accións autonómicas para o fomento do emprego xuvenil. A futura Estratexia Mocidade Activa na que traballa a Xunta abarca este tipo de medidas e está dotada con 20 M€, dentro da cal se enmarcan outras iniciativas como o Programa Investigo, que promove a contratación de investigadores e tecnólogos menores de 30 anos, persoal técnico e outros profesionais en I+D+i, cun orzamento global de 4,8 M€, e Galicia Emprega Mozos, cun orzamento en 2025 de arredor de 3,5 M€.

Lea también

Siete empresas presentan ofertas para realizar el aglomerado del tramo de la avenida de la Residencia

El tramo de 738 metros de la avenida de la Residencia que conecta la rotonda …