O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acolleu un Encontro Interxeracional, unha convivencia programada co fin de mellorar a interación dos nenos coas persoas maiores. As edís de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, e Ocio e Festexos, Mar Gómez, acudiron á convocatoria.
Alumnado de primeiro a cuarto curso de educación primaria do CRA do Val, xunto con profesorado do centro, participou este ano na iniciativa. En total, algo máis de 60 menores e docentes que dende as 10:00 ata as 12:45 horas aproximadamente realizaron unha serie de actividades enmarcadas en seis recunchos rotatorios para seis participantes.
Baile en liña, canto, visita ao centro de día, xogos, pintura colaborativa e músicas de antes e de agora. Os menores, divididos en quendas de dez persoas, interactuaron cos maiores en todas estas propostas, de media hora de duración cada unha delas aproximadamente, desfrutando dunha xornada de convivencia que incluíu unha merenda a media mañá.
Deste xeito, todos tiveron un papel moi activo, intercambiando experiencias nunhas xornada que valoraron moi positivamente por ambas partes.