Entregados os premios da campaña Merca no teu Comercio en Narón e Fene

A Praza da Gándara de Narón acolleu este pasado venres día 31 de xullo, pola mañá, a Entrega dos Premios correspondentes á campaña “Merca no teu comercio”, que se desenvolveu entre o 10 e o 25 de xullo nos municipios de Narón e Fene, cun total de 3.696 tickets rexistrados.

Fuente Federación Galega de Comercio

Entre os consumidores que mercaron nos establecementos destas localidades durante a iniciativa, sorteouse un total de 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros. Os gañadores recibiron esta mañá o seu premio, que deberán empregar en novas compras no comercio de proximidade local.

“Merca no teu comercio ten premio” é unha campaña de promoción e dinamización das vendas do comercio de proximidade dos municipios rurais organizada pola Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación de Comerciantes de Narón e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Fene O Cruceiro.

Na entrega de premios de onte participaron representantes das entidades organizadoras, entre eles, Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo; Luis Fernández Díaz, secretario xeral da Federación Galega de Comercio; María del Sol Díaz Lamas, presidenta Asociación Comerciantes Narón; Sara Callealta Rodríguez, directora de oficina A Gándara de ABANCA en Narón; José Antonio Campos Fachal, director de oficina Freixeiro de ABANCA en Narón.

Lea también

O Pleno de Narón insta á Xunta a non recortar profesorado nin unidades nos colexios da Gándara e Solaina

Na sesión plenaria celebrada na mañá deste xoves 31 de xullo no Concello de Narón …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *