Letras Galegas en Ferrol-(Julia M.ª Dopico Vale y Piñeiro)

Julia M.ª Dopico Vale y Piñeiro

Cando lean estas liñas o concerto do que vou falar xa aconteceu en Ferrol, esta “ciudad lógica en un entorno mágico”, como definía o seu fillo ilustre D. Gonzalo Torrente Ballester, o escritor que deixa unha intensa pegada na literatura e na cultura do país tal como reivindica o seu profundo estudoso José Antonio Ponte Far.

Un concerto programado polo concello celebrando o Día das Letras Galegas que este 2025 está adicado ás mulleres que contribuiron á lírica popular representadas na figura das cantareiras, nunha clara posta en valor da música e da tradición oral galega que é fonte inagotable do noso acervo cultural dende as cantigas trovadorescas ata a actualidade.

En todos os recunchos de Galicia celébrase esta festa e tamén aquí, con actividades como o recital de poesía que tivo lugar na Praza de Rosalía na AVV San Xoán-Bertón no que estiveron presentes autores como Manuel Patinha, Manuel José Díaz, Aurora Varela, Mariola Hermida e María Inés Pérez e a actuación musical co concerto do grupo Milladoiro no Teatro Jofre; un grupo que cumpre agora 45 anos de historia dende que debutaba na cidade herculina percorrendo dende entón os escenarios de todo o mundo e tamén os de Ortigueira, no
Festival Internacional do Mundo Celta fundado en 1978 pola Escola de Gaitas da vila encabezada por Xavier Garrote. Un longo percorrido que fai que obteña recoñecementos como a Medalla de Ouro de Galicia, a Medalla Castelao da Xunta de Galicia, o Premio Goya á mellor banda sonora orixinal pola película “ La mitad del cielo”, o premio da música concedido polo Patronato Rosalía de Castro e o recoñecemento non institucional mais sí emocional, de pervivir na memoria colectiva de moitos galegos que disfrutamos da sua música durante anos e que apreciamos o intenso traballo de recuperación precisamente no eido da tradición anónima, poética e musical do noso pobo .

Parabéns á galeguidade!

Lea también

«Ahí ven o maio»- (Julia M.ª Dopico Vale y Piñeiro)

Julia M.ª Dopico Vale y Piñeiro “¿Queredes castañas dos meus castiñeiros?Cantádeme un maio sin bruxas …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *