Ferrol celebrou este sábado o «Día das Letras Galegas»

Ferrol celebrou na xornada deste sábado, 17 de maio, o «Día das Letras Galegas» cunha serie de actos programados polo Concello en colaboración con asociacións de veciños.

O primeiro destes actos celebrouse pola mañá na praza de Rosalía de Castro, organizado pola concellería de Cultura e a AVV de San Xoán Bertón. A homenaxe ás cantareiras e á poesía oral comenzou a partir das 12 horas coa intervención da licenciada en Filoloxía Galega, Aurora Valentina, que falou acerca de importancia da conmemoración desta xornada. A continuación, ofreceuse un recital de poetas ferroláns e poetisas ferrolás, aos que seguiu a actuación do grupo de gaitas de Agarimo.

A partir das 17.00 horas, as actividades levaronse a cabo no local da AVV de Esmelle nun acto, organizado polo Concello de Ferrol e Agrupación das AVV do Rural.

No transcurso do mesmo actuaron o grupo de cantareiras Gradaílle do Real Coro Toxos e Froles, o grupo Encrucillada e pechou o Real Coro Toxos e Froles, ademais realizouse unha lectura da vida e obra das homenaxeadas.

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, que presidiu este acto conmemorativo das Letras Galegas, que este ano homenaxean ás cantareiras e á poesía popular oral destacou que as cantareiras “teñen un papel moi destacado en Galicia, xa que foron figuras centrais na creación, preservación e transmisión da cultura”. Anos atrás “cantaban nas foliadas ou nas festas da fin dos traballos agrícolas sen saber que hoxe serían as protagonistas dun dos días máis especiais e sinalados para a sociedade galega”, engadiu.

O alcalde agradeceu á asociación veciñal de Esmelle a acollida neste acto, organizado pola Agrupación de asociacións de veciños do Rural.

Por outra banda, cómpre lembrar que no contexto das Letras Galegas a concellería de Cultura programou dous concertos no teatro Jofre: Milladoiro este mesmo serán ás 20:30 horas e Rosa Cedrón mañá, domingo 18, ás 19:00
horas.

No Complexo Hospitalario Universitario

A aula hospitalaria do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol sumouse á celebración do Día das Letras Galegas 2025.  O alumnado da aula hospitalaria de Ferrol uníase á iniciativa do CEIP San Xoán de Filgueira en Ferrol, que recolleron, ilustraron, recitaron e incluso cantaron diversas cantigas e poesías da tradición oral galega e da comarca de Ferrolterra.

Os máis pequenos ilustraron as cantigas cos seus debuxos; e a mestra da aula hospitalaria, Raquel Abella, distribuíu nos andares de pediatría o resultado deste traballo conxunto para que calquera persoa do centro, a través dun código QR, puidera visualizar estes traballos. O valor desta actividade é dobre xa que non só se traballa sobre o tema do Día das Letras Galegas, senón que se colabora e interactúa con outros centros da contorna do Complexo ferrolán.

Lea también

Este sábado visitó el puerto ferrolano, por vez primera, el crucero alemán “Deutschland”

Continúan llegando cruceros al puerto ferrolano, un buen número en este mes de mayo y …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *