BNG de Ferrol lamenta que se volva excluir o galego da sinalética municipal

María do Mar López, concelleira do Bloque Nacionalista Galego no concello de Ferrol, demandou unha vez máis, ao goberno local que respecte a ordenanza de normalización lingüística e inclúa a lingua galega nos anuncios e sinalética municipal colocada recentemente nos areais da nosa cidade.

María López, concelleira nacionalista, interpelou ao goberno local na comisión de normalización sobre este asunto, tras inzar os areais da nosa cidade de sinais prohibindo o estacionamento de caravanas e furgonetas nas que as indicacións figuran en varios idiomas máis exclúen deliberadamente a nosa lingua.

O BNG lamenta «a actitude do goberno local xa que temos que estar continuamente chamándolle a atención polos reiterados incumprimentos da normativa de normalización neste concello».

O BNG lembra que «cando aínda está pendente de correxir os sinais das peque paradas que seguen estando en español o goberno incide na mesma política de non emprefar o galego nas novas sinais».

Lea también

El Colegio Oficial de Médicos de A Coruña acoge en Ferrol su XVII Encuentro

La ciudad de Ferrol celebra, por primera vez, este evento que honra la dedicación, el …