Ares ultima unha saída a Portugal

A concellaría de Igualdade e Benestar  de Ares organiza unha saída para visitar varias localidades lusas, facendo a Valença do Miño, Vila Nova de Cerveira e Fortaleza protagonistas desta viaxe. Facilitarase o desprazamento en autobús de ida e volta e tamén o xantar.

Será ademais unha experiencia idónea para explorar as vilas portuguesas que fan fronteira con Galicia, municipios marcados pola tranquilidade, a súa historia e arquitectura, todos eles en constante relación co río Miño. O viño verde, o bacallau e as tendas de tecidos continúan a ser bos motivos para gozar desta saída dende Ares.

A proposta municipal parte dun prezo de 30 euros e organizarase durante o sábado, 14 de xuño, con dous buses lanzadeira dende Cervás e dende a Porta do Sol. Contémplase marchar ás 8:00 horas da mañá de Ares e saír dende Portugal ás 19:00 horas (horario portugués).

INSCRICIÓNS XA DISPOÑIBLES

A área de Benestar abriu as inscricións de forma presencial no Departamento de Servizos Sociais, sito na Praza da Constitución de Ares. Os empadroados poderán facelo até o 23 de maio, data na que se abrirá asimesmo o período para que se inscriban os non empadroados.

Poden achegarse até o Departamento de Servizos Sociais de luns a venres, de 8:00 a 14:30 horas e formalizar alí a inscrición ata o 6 de xuño. Para máis información, habilitouse o número de teléfono 981 448 354.

Lea también

Fene conta por primeira vez na súa historia con unha muller como alcaldesa, Sandra Permuy

Fene fixo historia este venres ao escoller, por primeira vez, unha muller como alcaldesa do …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *