A Plataforma Queremos Galego chama a participar na manifestación pola lingua do 17 de maio

A plataforma Queremos Galego en Ferrolterra celebrou un plenario co obxectivo de presentar o proceso “Lingua Vital” e preparar a manifestación deste 17 de maio en Santiago, á que convidan a participar a toda a sociedade galega.

Neste plenario no que participou o presidente da Mesa e voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, xunto a Francisco Gil e Pepe Cunha portavoces desta plataforma na nosa comarca destacouse que a marcha deste sábado “será unha homenaxe masiva á lingua e a cultura popular que se mantivo viva na voz das cantareiras resistindo a todos os intentos de apagala».

Queremos Galego fai un chamamento ás agrupacións, asociacións e colectivos da música galega a participar na grande foliada pola lingua e anima a todas as persoas que participen na manifestación a traer as súas pandeiretas. A música de Lingua vital xa! tomará de novo as rúas de Compostela. «Fronte aos enganos e mentiras da Xunta para manter a exclusión do galego e o desmantelamento da súa oficialidade».  Para facilitar o desprazamento a plataforma disponibiliza dun servizo de autobús que partirá de Ferrol, con un prezo de 5 € e que sairá ás 10.00 horas dende Esteiro (local da CIG) e con paradas en Caranza, Fene e Vilar do Colo. Reserva de praza nos: 981 358 750 / 981 364 058 ou nos: ferrolterra@bng.gal / ferrol@galizacig.gal. 

O plenario de Queremos Galego que se desenvolveu no antigo Hospicio de Ferrol ademais de difundir a convocatoria da manifestación nacional e foliada pola lingua serviu como punto de partida do proceso “Lingua Vital”, un proceso social amplo, plural e participativo para facer o que a Xunta non ten disposición de facer, avaliar o cumprimento do PXNLG e dos acordos nacionais e internacionais a favor do galego, detectar os obstáculos que impediron o seu cumprimento e concretar como se deben aplicar as medidas estabelecidas nestes acordos unánimes para garantir a súa eficacia. 

Impulsar un proceso aberto, plural e participativo, para que tanto institucións, administracións como organizacións da sociedade asuman a súa responsabilidade. Ese foi o compromiso que todas e todas asumimos na Declaración unitaria pola lingua presentada o 17 de novembro e que foi ratificado na histórica mobilización do 23 de febreiro que se repetirá este 17 de maio. 

Lea también

El Concello de Ferrol defiende su gestión de la ejecución presupuestaria de 2025

El gobierno municipal ofrecía este martes en la comisión de Hacienda a los grupos municipales …