O BNG de Narón denuncia o abandono da Estrada de Cedeira

A Estrada AC-566, mais coñecida como Estrada de Cedeira, é unha das principais vías de comunicación do concello de Narón. Esta estrada é o nexo de unión entre a Estrada de Castela e numerosos servizos como son os institutos, supermercados, un polígono industrial…, para seguir pola parroquia de Castro e chegar ao veciño concello de Valdoviño.

Olaia Ledo, primeira pola dereita, na carretera de Cedeira

O primeiro tramo desta estrada, titularidade da Xunta de Galiza, percorre un quilómetro de zona urbana «que se atopa nun lamentábel estado de deterioro«, delcara o BNG de Narón nun comunicado; “É vergoñento o abandono no que se atopa esta estrada e o pouco que fai a Xunta de Galiza por mellorar a vida das veciñas e veciños de Narón, de pouco nos vale que renovasen o firme para os vehículos cando os viandantes non poden transitar polas beirarrúas sen atoparse con obstáculos que lles obrigan a circular polo espazo ocupado por vehículos con risco de atropelo sendo esta unha das vías máis transitadas por toda a rapazada que se dirixe aos institutos e a xente que traballa no polígono das Lagoas, ademais da que fai uso das superficies comerciais”, indica Olaia Ledo, portavoz municipal.

Desde o BNG instan á Xunta de Galiza a que se lembre da cidadanía de Narón e faga un proxecto completo para a adecuación desta vía AC-566, como titular da mesma, tendo en conta a renovación de instalacións de servicios, telecomunicacións e sinais, en caso de que sexa necesario, e sobre todo cumprindo a lei de accesibilidade eliminando as barreiras arquitectónicas existentes; dotar este proxecto dun orzamento e marcar os prazos de execución das obras.

Lea también

Narón pecha este venres o prazo de inscrición no programa “Conciliaverán 2025”

O prazo de inscrición no programa Conciliaverán 2025 rematará este venres día 16 ás 13:30 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *