A Deputación da Coruña avanza na planificación estratéxica do turismo na Comarca do Eume

A Escola Laica de Cabanas acolleu a presentación do “Inventario de recursos turísticos e o manual do investidor da Comarca do Eume”; unha acción que se enmarca no Plan de SosR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU e que supón un “importante avance” na planificaciótibilidade Turística en Destino Fragas do Eume, promovido pola Deputaciónnde A Coruña a iniciativa dos Concellos da comarca do Eume, e financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTn estratéxica do turismo da Comarca do Eume.

Fot. archivo-Fragas do Eume

O vicepresidente, Xosé Regueira, acudiu ao acto, acompañado do alcalde de Cabanas, Fernando Couce, e da empresa que se encargou do proxecto, Atlante. Regueira referiuse á “importancia” da planificación turística, posto que, tal e como salientou, “o turismo é unha actividade económica que ten que xerar retorno económico, e tamén oportunidades de emprego e benestar para a poboación residente”.

Fuente Diputación de A Coruña

Tras unha primeira análise do territorio para detectar os recursos turísticos existentes, elaborouse “unha previsión dos negocios que aínda se poden instalar, que dean un mellor servizo aos turistas e tamén oportunidades laborais para os veciños”, apuntou o vicepresidente, que tamén  destacou a implicación “do sector, das persoas e das administracións”.

Regueira rematou agardando que estes recursos “dean bos resultados”, en canto á “xeración de emprego e á fixación de poboación”, e tamén na posta en marcha dun “turismo sustentable” que promove “alianzas co territorio, o coidado das paisaxes e que ten en conta a delicadeza coa que hai que tratar esta Reserva Natural”.

Fuente Diputación de A Coruña

Despois da intervención de Regueira, a empresa explicou en que consistiu o traballo e tamén os resultados obtidos. O Inventario de Recursos Turísticos recolle unha análise exhaustiva do patrimonio natural, cultural e etnográfico do Eume, establecendo as bases para unha xestión turística estruturada e aliñada coas tendencias do sector. Pola súa banda, o Manual do Investidor ofrece información crave para potenciar a captación de investimento en proxectos turísticos, destacando as fortalezas do destino e as oportunidades de negocio.

Lea también

Un grupo de personas usuarias de Teima Down y niños de Áurega testan la “Ruta Universal por el Campus Industrial de Ferrol”

A partir del mes de septiembre, se invitará al tejido asociativo y a todos los …