Neda adhírese á declaración da Fegamp polo Día das Letras Galegas

O Concello de Neda fai súa a declaración da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) co gallo do Día das Letras Galegas. Un texto que sinala a “clara influencia local” na lírica popular das “Cantareiras” e reivindica o papel das seis homenaxeadas -Adolfina e Rosa Casás, de Cerceda; Asunción e Prudencia Garrido, e Manuela Lema, de Mens, e Eva Castiñeira, de Muxía- e de “todas cantas mulleres, moitas delas con nomes coñecidos e outras aínda anónima” xogaron na transmisión “de xoias poéticas extraordinarias e dun galego enxebre e saboroso”.

A declaración, á que se adhire o Concello, reincide no compromiso da administración local na promoción da cultura e da lingua galegas e, co obxectivo de aumentar o número de galego falantes, aposta por potenciar o seu uso nas canles derivadas das novas tecnoloxías.

Enlace Declaración institucional Día das Letras Galegas (Fegamp)

Lea también

Abierta nueva convocatoria del concurso Runas 2026 del Festival de Ortigueira

El certamen Runas, que celebra su 27a edición, este año incorpora importantes novedades: la banda …