Concedidas vinte axudas para adquirir taxis adaptados, de baixas emisións ou eléctricos en Ferrol, Eume e Ortegal

As subvencións concedidas foron de ata 1.000 euros para os taxis de baixas emisións, 4.000 euros para vehículos de emisións cero e 10.000 euros para taxis adaptados.

Martina Aneiros, acompañada da directora territorial da consellería, Mar Ferreiro, xunto José Ignacio Caínzos, un dos beneficiarios da campaña, Praza de España en Ferrol.

A Xunta concedeu un total de 20 axudas ao sector taxi das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos de baixas emisións ou eléctricos cun investimento de 77.000 euros. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, informou da resolución destas axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes acompañada da directora territorial da consellería, Mar Ferreiro, durante un encontro cun dos beneficiarios, José Ignacio Caínzos.

Aneiros lembrou que o obxectivo destas axudas “é reforzar a aposta do sector taxi pola inclusión social, financiando a adquisición de vehículos adaptados ás diferentes necesidades de mobilidade e sumar a estes profesionais á loita contra o cambio climático, dotándoos de vehículos menos contaminantes”.

En concreto, nesta convocatoria da Xunta as axudas ao sector do taxi no ámbito da Delegación Territorial facilitaron a adquisición de 11 vehículos de baixas emisións ou eco; catro vehículos de emisións cero e cinco vehículos adaptados á mobilidade reducida. As subvencións son de ata 1.000 euros para os taxis de baixas emisións, 4.000 euros para vehículos de emisións cero e 10.000 euros para taxis adaptados.

Durante o encontro, a representante da Xunta lembrou que está aberto o prazo de solicitude da convocatoria de 2025 ata o próximo 14 de outubro e que conta cun orzamento de 500.000 euros.

Martina Aneiros, acompañada da directora territorial da consellería, Mar Ferreiro, xunto a un dos beneficiarios, José Ignacio Caínzos na parada de Taxis da Praza de España en Ferrol.

A medida vai dirixida ás persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou os servizos de Mobilidade competentes.

No caso das liñas de taxi de cero emisións e eco, a orde axudas cubre a adquisición de vehículos realizada desde o 1 de maio do ano pasado ata a data límite para xustificar a axuda, o 31 de outubro de 2025. Para a liña Eurotaxi, subvenciónanse tanto os vehículos xa adquiridos en calquera momento, co compromiso de manter a titularidade e a actividade ao menos cinco anos, como os que se adquiran con posterioridade á presentación da solicitude e á data límite para xustificar a axuda.

Lea también

Un hombre apuñala en un brazo al dueño de la vivienda que ocupa ilegalmente en As Pontes al cortarle una conexión de luz ilegal

La Guardia Civil mantiene abierta una investigación contra un hombre acusado de agredir con un …