Pontedeume prepara a humanización da avenida de Ferrol

Xa están contratados os traballos de redacción do proxecto, cun tempo estimado de 4 meses.

O Concello de Pontedeume contrata os traballos de redacción de proxecto de humanización da avenida de Ferrol, un proceso que se pretende desenvolver en varias fases. 

Despois de recibir o pasado mes de decembro un anteproxecto no que se expuñan varias alternativas técnicas para a urbanización da avenida, hai unhas semanas foron finalmente contratados os traballos de redacción, cun tempo estimado de 4 meses. 

O alcalde Bernardo Fernández Piñeiro lembra que «durante os últimos anos xa se realizaron diversas actuacións de renovación da rede de saneamento, abastecemento e pluviais por importe de case 200.000 euros». 

«Con este proxecto acometerase a renovación do firme e as beirarrúas co obxectivo de mellorar a accesibilidade da avenida, así como a renovación do mobiliario urbano, a creación de novas zonas verdes e a mellora da iluminación», explica o rexedor. 

«Trátase dunha obra fundamental e que é moi agardada pola veciñanza da zona, xa que dará nova vida á avenida de Ferrol», conclúe Fernández Piñeiro. 

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …