Programación do CIRS de Cervás, Ares, para o mes de maio

Desde o CIRS de Cervás vai desenvolverse unha intensa programación neste mes de maio, ao redor da celebración do DIA DAS LETRAS adicado ao recoñecimento da nosa tradición oral, das cantareiras e das persoas que mantiveron e dignificaron a nosa música tradicional.
A programación comeza este mércores 14 ás 19,30 horas,  coa presentación do libro-disco «Cancioneiro galego serodio» da autoría do investigador, divulgador e músico galego Xabier Díaz, que nos explicará a xénese e resultado dese traballo de recopilación feito entre os anos 1989 e 2012; na compaña dalgunha cantiga.
 
Continuará a programación cunha actividade adicada preferentemente ás crianzas, que o venres día 16 a partir das 17 horas elaborarán un mural con motivos relacionados coa música tradicional: cantareiras, bailador@s, gaiteir@s…; a xeito de homenaxe a todas esas persoas que dignificaron as nosas músicas.
 
Pandeireteiras AI
As Pias
O domingo 25 será un día cunha intensa e completa programación; que dará comezo cunha sesión vermú a partir das 13 horas nas instalacións do CIRS, na que intervirán a Escola de pandeireter@ da «Agrupación Instrutiva» de Caamouco e o Grupo folk «As Pías», que presentará o seu proxecto «Tradicorda».
 
A xornada nese día rematará cun xantar de confraternidade (mexillóns e paella) a prezos populares, para o que a xente pode apuntarse na cantina do CIRS.
 
Mini
Finalizará a programación o sábado día 31 a partir das 19,30 horas no que Xosé L. Rivas «Mini» (ex Fuxan os Ventos e A Quenlla) oferecerános unha viaxe pola música tradicional galega; que arroupará con historias e cantigas diversas.

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …