O tecido empresarial das Pontes esixe á Xunta o reparto xusto dos fondos de transición

«Non entendemos que se asignen estes fondos a municipios que non teñen centrais térmicas, é como destinar os fondos europeos para paliar os efectos da Dana a Asturias, é algo totalmente incomprensible” apunta o rexedor Valentín González Formoso.

Fuente Concello As Pontes

Seara e Cohempo, en representación do tecido empresarial das Pontes, asinaron esta semana un manifesto no que amosan a súa desconformidade coa aplicación dos Fondos de Transición Xusta en Galicia, nos aspectos relativos á zonificación, criterios e puntuación, e no que lle esixen á Xunta de Galicia un reparto centrado nos municipios que integran os convenios de transición.

Así mesmo, as asociacións empresariais das Pontes solicitan a paralización e revisión das convocatorias impulsadas ao abeiro dos Fondos de Transición Xusta en Galicia para o deseño e posta en marcha dun novo reparto dos mesmos, con investimentos que responsan de xeito xusto e equitativo aos dereitos e intereses dos empresarios e empresarias das Pontes e, por extensión, de toda a veciñanza do municipio.

Este manifesto asinouse tras manter un encontro co alcalde, Valentín González Formoso e a concelleira de Industria, Ana Pena, no que informaron sobre as accións xudiciais emprendidas desde o executivo local contra o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), ambos dependentes da Xunta de Galicia, polo reparto dos Fondos de Transición Xusta.

Así, o rexedor local explicou que desde o goberno municipal se  solicitaron medidas cautelares para suspender os prazos das cinco liñas de axudas convocadas polo Inega e o Igape co obxectivo de evitar que os Fondos de Transición Xusta sexan asignados sen ter en  conta os concellos afectados polos peche de centrais térmicas.

“A zonificación provincial definida pola Xunta de Galicia outorga unha escasa puntuación aos concellos en transición, deixándonos nunha situación de desvantaxe absoluta con respecto a poboacións que nos están afectadas polo peche dunha central térmica  desde As Pontes, concello xerador deste fondos, solicitamos unha discriminación positiva e que os fondos cheguen ao noso territorio», remarcou González Formoso.

Nese sentido, o alcalde das Pontes lembrou que “os fondos de Transición Xusta son fondos de reactivación económica para os concellos afectados polo peche de centrais térmicas. Non entendemos que se asignen estes fondos a municipios que non teñen centrais térmicas, é como destinar os fondos europeos para paliar os efectos da Dana a Asturias, é algo totalmente incomprensible”

“Esixímoslle á Xunta de Galicia a correcta distribución destes fondos que corresponden ás Pontes, no canto de destinalos a outros fins e a outros territorios distintos. É un paso incómodo pero necesario para velar polos intereses das Pontes. Hai 111 millóns de euros asignados a Galicia dos Fondos de Transición, xa hai 83 mobilizados e As Pontes non recibiu nin un só euro”.

Lea también

Neda programa varios espectáculos incluidos en la Red Cultural de la Diputación de A Coruña

Una docena de espectáculos en directo, además de cine, llegan este año a Neda gracias …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *