Axenda en Narón do 11 ao 13 de abril

 

Venres 11 de abril de 2025

Actividade: Tributo Bruce Springsteen “Back to glory days”; A las 21:00 horas en el Pazo da Cultura.

Black to glory days inicia o seu percorrido cunha xira de concertos que fai unha das paradas nacionais en Narón, a onde trae un proxecto que pretende converterse no mellor tributo internacional ao Boss. O galego Andrés Balado está á fronte deste proxecto, sendo o reflexo da alma, a voz e a esencia de Bruce Springsteen, acompañado por dez músicos de gran nivel. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Sábado 12 de abril de 2025

Actividade: XIV Feira multisectorial agrícola; De 11:00 a 14:00 e dende as 16:00 ata as 20:00 horas. No recinto feiral do Trece (Sedes).

Un total de 32 postos daranse cita nesta convocatoria, na que se exporán e ofrecerán á clientela produtos da horta, plantas ornamentais, maquinaria agrícola e tamén produtos de alimentación artesáns. Haberá durante os dous días da feira sesión vermú ao mediodía, obradoiros para nenas e nenos, sorteos de produtos da feira… e tamén unha zona gastronómica na que se venderá churrasco e polbo. A entrada é de balde.

A compañía Secuencia 3 Artes y Comunicación trae a obra «A Regenta». Foto-Padroado de Cultura de Narón

Actividade: La Regenta; A las  20:00 horas no Pazo da Cultura.

A compañía Secuencia 3 Artes y Comunicación trae a Narón esta peza de teatro clásico que conta a historia sobre un enfrontamento entre a paixón desbordada dos desexos do amor fronte ás cadeas da moral social provinciana e a traizón.  Está ambientada na cidade de Vetusta e segue a liña da novela La Regenta, un dos clásicos da literatura española do século XIX. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Domingo 13 de abril de 2025

Actividade: XIV Feira multisectorial agrícola; De 11:00 a 14:00 e dende as 16:00 ata as 20:00 horas. No recinto feiral do Trece (Sedes).

Lea también

Obras de consolidación y mantenimiento en el monasterio naronés del Couto

La diócesis de Mondoñedo-Ferrol ha realizado a lo largo de las últimas semanas obras de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *