BNG de Narón reclama reunión da Comisión especial de seguimento da praga das moscas no Val

O BNG de Narón reclama ao goberno municipal a convocatoria dunha reunión da Comisión especial de seguimento da situación producida polas moscas na parroquia de O Val.

«A situación producida polas moscas no Val é moi preocupante. Desde o ano 2020 os veciños desta parroquia sofren a presencia dun número esaxerado de moscas nas inmediacións das vivendas, unha praga da que se descoñece o foco inicial. Desde aquela este problema non cesou, ao contrario, vai en aumento e as moscas trasládanse xa a casas que non pasaran por isto en anos anteriores».

«Debido a isto, creouse unha Comisión de seguimento da situación producida polas moscas na parroquia de O Val, onde están presentes distintos membros da corporación municipal, representantes da sanidade pública, do goberno da Xunta e do departamento de medio ambiente do concello».

“Desde a súa creación tan só se convocou esta comisión dúas veces, levando agora un ano sen celebrar a mesma, polo que solicitamos que se convoque e que se nos informe dos traballos que se realizaron até o de agora xa que non parecen moi efectivos cando as moscas se están asentando de novo nas casas do Val”, comenta Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón, “sabemos que se fixeron estudos, das colaboracións e da instalación de casiñas de madeira para teren depredadores naturais que nos últimos anos están a desaparecer polo cambio climático, mais volver convocar a comisión é necesario para coñecer e valorar a situación”.

Lea también

Axenda do sábado 5 de abril en Narón

Actividade: Achegamento aos insectos; a las 11:00 horas en el Centro cívico social do Couto. …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *