As Pontes licita as obras de mellora da marxe dereita da rúa Rego do Muíño

A Xunta de Goberno local do Concello das Pontes aprobou o expediente de licitación das obras de mellora da beirarrúa e servizos na marxe dereita da Rúa Rego do Muíño, un proxecto cun orzamento de 179.465,80 €, procedentes da Deputación da Coruña.

O obxectivo deste proxecto é a renovación dos servizos urbanos de saneamento e alumeado así como a renovación do pavimento e, entre os traballos previsto, inclúese a demolición do pavimento actual de baldosas hidráulicas e colocación doutro de características similares ás das intervencións realizadas recentemente en rúas da contorna.

Por outra banda, para garantir a accesibilidade universal, tamén se proxecta a supresión daqueles elementos e cambios de nivel que supoñen unha barreira no desprazamento das persoas con problemas de mobilidade.

Así mesmo procederase á renovarase a rede de saneamento, desdobrándoa nun sistema de rede separativa de pluviais e residuais e mellorarase a rede de alumeado público, mediante a substitución do tendido existente por un sistema acorde coas actuais esixencias en materia de aforro enerxético. As obras rematarán con instalación de mobiliario urbano.

Lea también

Finaliza en Mugardos la campaña de donación de alimentos para las colonias felinas

El Concello de Mugardos informa del fin de la campaña de donación de alimentos húmedos …