A política migratoria e as relacións internacionais en Europa, a debate no Campus de Ferrol

Un grupo de estudantes do terceiro curso do grao en Relacións Internacionais organiza, este xoves 3 e venres 4 de abril, na Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, a Conference on Migration and International Relations in Europe, un encontro internacional nado do marco das materias de Xestión de Proxectos de Cooperación I e II que imparte o profesor e coordinador do título, Félix Puime.

Estudantes do terceiro curso do grao en Relacións Internacionais que organizan, xunto co profesor e coordinador do título, Félix Puime a Conference on Migration and International Relations in Europe

O programa do evento inclúe a intervención de 12 persoas expertas de recoñecido prestixio internacional que analizarán o funcionamento da política migratoria e das relacións internacionais en Europa a través de catro liñas de traballo. A primeira delas afondará nas causas e patróns das migracións contemporáneas tanto en Europa como en África. Pola súa banda, no segundo bloque temático, debullarase o impacto social e económico da migración nos países receptores.

Así, na terceira liña de traballo falarase sobre os dereitos humanos das persoas migrantes, especialmente daquelas que seatopan nunha  situación irregular. Por último, no cuarto bloque temático explorarase a degradación ambiental e os desastres naturais impulsados polo cambio climático que xeran as novas ondas de migración en rexións vulnerables como poden ser o sueste asiático, África ou o Caribe.

Na relación de persoas expertas que se achegarán esta semana ata o Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC), figuran o investigador na Brussels School of Governance (BSoG) da Vrije Universiteit Brussek (VUB), Omar Cham; a experta en Xestión Internacional de Recursos Humanos na ICN Business School, Acil Abdul Hadi ou os profesores da Universidade de Economía de Bratislava; Rudolf Kucharčík, Peter Jančovič e Martin Karas.

Tamén intervirán a profesora en Dereito de Inmigración da Universidade de Copenhague, Silvia Adamo; o economista e investigador polaco Jan Brzozowski; o experto en seguridade rexional no Medio Oriente, Wojciech Nowiak; o especialista en conflitos territoriais en Europa, Artak Mkrtichayan, así como a investigadora do Grupo Jean Monet de Competencia e Desenvolvemento e os profesores da Universidade da Coruña (UDC), Andrea Teira, Patricia Muñíz, Christoph Rudoflf Schereinmoser e Félix Puime, respectivamente.

A asistencia á Conference on Migration and International Relations in Europe está aberta a toda a comunidade universitaria e ao público xeral interesado ata completar o aforo da sala.

Un grao interuniversitario e bilingüe

O grao en Relacións Internacionais impártese na Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña (UDC) desde o curso 2022/23. É un grao interuniversitario coa Universidade de Vigo (UVigo). Os dous últimos anos serán os da especialización, o Campus Industrial de Ferrol oferta a mención en Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e o Campus de Ourense a de Xestión de Proxectos Internacionais.

Para acceder a este grao, o alumnado deberá acreditar un nivel B1 en inglés no momento de formalizar a matrícula, unha vez teña realizadas e superadas as probas ABAU e obteña a correspondente praza.

Lea también

Los trabajadores de Navantia Ferrol deciden, con un 64% de votos a favor, continuar con un convenio único estatal

Los trabajadores de Navantia Ferrol han decidido continuar con un convenio único en toda la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *