O BNG de Ferrol rende homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol renderalle unha homenaxe ao profesor Ricardo Carvalho Calero cun acto e unha ofrenda floral diante da súa casa natal este sábado 29 de marzo, ás 12:00 horas.

Con este acto que tradicionalmente organiza o BNG lembrarase a figura do profesor ferrolán cando se cumpre o 35 aniversario do seu pasamento (Ferrol 30 de outubro de 1910- Santiago de Compostela 25 de marzo de 1990).

Ademais de lembrar a figura de Carvalho Calero este acto servirá para demandar, unha vez máis, a recuperación da súa casa natal. O BNG segue a defender, «fronte a desidia do goberno municipal, a declaración da casa natal e das parcelas que forman parte do proxecto de rehabilitación como Zona de Especial Necesidade de Rehabilitación (ZER), unha medida que permitiría desenvolver o proxecto de recuperación deste inmoble co obxecto de convertilo nun centro de referencia da historia, da cultura e da lingua na nosa cidade e que sirva, asi mesmo, de lugar de encontro para o barrio», manifesta o BNG

Lea también

Hasta el 27 de octubre está abierta la licitación de la fase de Esteiro de Abrir Ferrol al Mar

La inversión es de cerca de tres millones de euros y el plazo de ejecución …