O contacontos infantil “Peques e heroas” chega este sábado á biblioteca de Neda

O espectáculo de narración oral forma parte da programación especial polo Día da muller.

A Biblioteca municipal de Neda sumarase este sábado á programación, impulsada polo Concello con motivo do Día da Muller. E farao cun espectáculo para o público infantil. Trátase do contacontos “Peques e heroas”, de Manuela Varela, centrado nos estereotipos de xénero e na igualdade, que se poderá desfrutar no espazo cultural, a partir das 12.30 horas.

A proposta chega a Neda da man de Manuela Varela e busca que os nenos e nenas da localidade reflexionen sobre os roles de xénero. Así, fala das “profas”, das “pilotas” e das “heroas”, e tamén dos pequenos e grandes actos heroicos que moitasmulleres deben facer para desempeñar as súas carreiras profesionais.

O espectáculo, incluído no ciclo municipal Lesme un conto?, continúa cunha versión da historia de Daniela Pirata, protagonizada por unha nena quere ser unha gran pirata e supera todas as probas que os piratas lle esixen. E remata coa historia dun pequeno heroe ao que lle gusta pintar as unllas de cores.

“Peques e heroas” conxuga diversión e educación en valores, e vai dirixido a rapazada de tres a nove anos. A actividade de narración oral forma parte da oferta de actividades do Mes da muller, impulsado co apoio do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Lea también

Cabanas refuerza durante el verano los efectivos de la Policía Local

El Concello de Cabanas incorpora dos auxiliares de policías locales para reforzar el cuerpo policial …