Minuto de silencio ante o Concello de Narón con motivo do Día Europeo en Memoria das Vítimas do Terrorismo

O Concello de Narón secundou no mediodía deste martes 11 o convite da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para conmemorar o Día Europeo en Memoria das Vítimas do Terrorismo, vinte e un anos despois dos terribles atentados que custaron a vida de 193 persoas en Madrid.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a concentración realizada ás 12:00 horas na porta principal do Consistorio, á que tamén acudiron outros representantes da corporación local e traballadores do Concello. Os asistentes gardaron un minuto de silencio en memoria de todas as vítimas do terrorismo e dos falecidos naquel tráxico suceso do 11M.

Lea también

A Biblioteca de Narón abre o martes 10 o prazo de inscrición na actividade infantil “Coñecendo a… Carlo Collodi»

A Biblioteca municipal de Narón abrirá mañá martes o prazo de inscrición na actividade infantil …