A Deputación da Coruña reivindica máis apoio e visibilidade para o deporte feminino

A Deputación da Coruña celebrou a xornada Brecha de Xénero no Deporte, un encontro que puxo o foco nas desigualdades que seguen existindo entre homes e mulleres na práctica deportiva, tanto no ámbito profesional como no amateur.

Fuente Diputación de A Coruña

O evento, celebrado na sede da Fundación Paideia, contou coa participación de destacadas deportistas galegas, como a campioa olímpica Sofía Toro, a campioa de España de natación adaptada, Almudena Quereda, e a campioa de España de halterofilia Irene Martínez, así como o adestrador do Hockey Club Coruña Feminino, Stanis García.

Na inauguración da xornada, o deputado de Deportes, Antonio Leira, subliñou que, a pesar dos avances logrados nos últimos anos, «o deporte segue a ser un espazo onde as mulleres atopan máis obstáculos para competir, menor visibilidade nos medios, menos patrocinios e salarios moito máis baixos que os dos homes».

Leira fixo referencia a datos que reflicten esta desigualdade, como que só o 24% das licenzas federativas en España pertencen a mulleres ou que, das 66 federacións deportivas estatais, só 3 están presididas por mulleres. Tamén denunciou a fenda salarial no deporte, lembrando que «o salario medio dunha futbolista en España é 17 veces inferior ao dun futbolista da Primeira División masculina».

Fuente Diputación de A Coruña

Durante a súa intervención, Leira puxo como exemplo a traxectoria de equipos galegos que están a competir ao máis alto nivel, como o Baxi Ferrol, que esta tarde disputa a semifinal da Eurocup de baloncesto contra o Lyon. «Cada vez temos máis equipos e deportistas que compiten ao máximo nivel, pero a visibilidade e os apoios seguen sen estar á altura dos logros que conseguen», afirmou.

Pola súa banda, a deputada de Educación e Mocidade, Yoya Neira, sinalou que “a brecha de xénero non é só económica e de visibilidade, tamén afecta ao benestar das mulleres. A taxa de abandono do deporte aos 14 anos é o dobre no caso das nenas, e iso é algo que debemos corrixir e onde as administración públicas temos un papel importante que xogar, con programas de fomento do deporte escolar e da man dos clubes e entidades deportivas”, afirmou.

Fuente Diputación de A Coruña

 Aposta da Deputación polo deporte feminino

Os representantes da Deputación destacaron tamén as iniciativas postas en marcha pola institución para impulsar a igualdade no deporte. «Un dos primeiros pasos que demos cando chegamos ao goberno provincial foi algo tan básico como crear categorías femininas en todas as nosas competicións. Pode paracer sorprendente, pero non as había en 2015″, explicou Leira, engadindo que «hoxe, grazas a estas medidas, máis nenas teñen a oportunidade de competir, crecer deportivamente e aspirar a converterse en profesionais; unha cuestión que facilitamos tamén coas nosas bolsas deportivas”.

A xornada rematou cunha mesa redonda na que as deportistas e profesionais participantes compartiron as súas experiencias e reflexións sobre os desafíos do deporte feminino e os cambios necesarios para acadar unha igualdade real neste ámbito.

Lea también

El Racing de Ferrol visita este domingo al Granada CF

El Racing va a aferrarse a sus opciones para tratar de huir de los puestos …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *