A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘El secreto de Andrea’ da naronesa Isabel Ramos

A concellaría de Cultura de Ares programa para este venres 7 de marzo, unha nova presentación literaria no salón de actos da Alianza Aresana. A partir das 19:30 horas, Isabel Ramos Breijo estará en Ares para debullar as temáticas e o proceso creativo detrás da súa novela El Secreto de Andrea, acompañada pola edil Alma Barrón.

A autora de Narón afondará nesta obra onde Paula, unha organizadora de eventos, tomará a decisión de abandonar a súa vida urbanita para reencontrarse consigo mesma nunha pequena vila do Norte de Galicia. Mais na tranquilidade dese municipio agroma Andrea, unha veciña que desapareceu vinte anos atrás, e con ela tamén xurdirán segredos, misterios sen resolver e vellas disputas.

Unha historia onde non faltará a intriga que acarrea toda voráxine de acontecementos, ao mesmo tempo que fala dun proceso de búsqueda interior.

Ao peche do acto, haberá venda de exemplares da novela e sinatura de Isabel Ramos.

Lea también

La Asociación de Veciños de Doniños acogió, este viernes, el Certamen de Corales de Navidad

La Asociación de Veciños de Doniños fue este fin de semana el escenario del Certamen …