Número máxico para o atletismo galego nestes campionatos de España de lanzamentos longos na que oito foron os metais, oito foron os postos de finalistas e idéntico número representaron as mellores marcas personais logradas polos 26 lanzadores que se deron cita en Castellón.

A nivel e resutados compre salientar os títulos de campións de España os logrados por Lara Igesias do At. Barbanza quen sobre o concurso de xavelina Sub20 lanzaba ata os 45.45 m. Con este novo triunfo, a lanzadora do Barbanza logra nada menos que o seu cuarto título consecutivo da modaidade.
Suma e sigue de Hugo Casañas do Ourense At. quen terá que buscar riváis a nivel internacional cos quen poder medirse. Novo campionato para o pontevedrés que no primeiro ano da súa categoría lanzaba ata os 64.51 m. logrando a mellor marca mundial do ano e quitando practicamente dez metros ao segundo clasificado.
O medallista nacional Eric Méndez no martelo Sub23 lanzaba ata os 58.38 m. que lle daban un gran subcampionato co cal seguir aumentando o seu palmarés de podios en campionatos de España. Anxo Figueira do Rías Baixas poa súa banda, debutaba en todo un extraordinario podio nacional no concurso de martelo Sub18 con 53.93 m. que lle servirían para lograr a medalla de prata.
Continuando cos metais, outro dos debutantes a nivel de podio nacional, foi o atleta Sub18 do At. Mazí, Alex César quen no concurso de xavelina Sub18 e cun primeiro mellor tiro de 62.85 m. lograba un excelente MMP e un subcampinato de España. Sen abandoar esta modalidade, a céltica da categoría Sub16 Gabriela Bouzada sumábase á festa de medallas galegas nestes campionatos logo de lanzar no seu último intento ata os 41.93 que representan unha MMP e que daban a xoven lanzadora a opción do metal bronce.
Ata as Mariñas, en concreto ata Sada, viaxaba o último dos podios colleitado polos atletas galegos, en concreto foi o de prata que conseguía unha excelente Lydia Valdés en martelo Sub18 cunha MMP de 54.47 m.ç
Mención especial a para a atleta colombiana con ficha galega polo Club Ourense Atletismo Yiset Magali Jiménez C. quen lograba o primeiro posto (fora de concurso) na proba de xavelina cun mellor lanzamento de 58.71 que representan a súa MMP e a mellor marca española do ano.
Destacamos tamén os postos de finalistas logrados polos atletas:
Victoria Eiriz do At. S. Sebastián, 4ª en martelo Sub23 con 49.26 m.
Adrian Cabaleiro da Gimnástica, 5º en xavelina Sub16 con 44.75
Carlos Revuelta da Gimnástica, 6º en martelo con 59.90 m.
Enzo López do At. Barbanza, 6º en xavelina Sub20 con 54.72 m.
Aixa Corbacho do Valencia At., 6º en martelo Sub20 con 56.96 m.
Antía Otero C. de Lugones, 6ª xavalina Sub18 con 40.56 m.,
Hugo Novoa do Ourense At,. 7º en disco Sub18 con 43.76 m.
Marta Hermida do Celta At., 8ª en martelo Sub18 con 47.86 m.