Excelentes Ctos de España en Castellón e Valencia para os 66 atletas galegos desplazados

Fuente Federación Galega de Atletismo / Sabela Castelo (1) e Sabela Fernandez (3)

Campionato de España Sub18 Indoor. Valencia

O primeiro dos mesmos foi o que xuntou a un total de corenta atletas no Campionato de España indoor Sub18 do que se voltou cun magnífico botín de 10 medallas (4 ouros, 4 pratas e 2 bronces) así como dez postos de finalistas.

Sen lugar a dúbidas, gran éxito de toda unha xeración a quen estamos vendo medrar e progresar e da que podemos sentirnos moi esperanzados de cara a un futuro moi preto.

Excelentes resultados

No apartado de medallas, a primera gran alegría chegou na proba dos 400 m. na que Martiño Salgado do Celta, protagonizaba a excelente sorpresa para a armada galega, logo de clasificarse para a final e acadar nada menos que o subcampionato de España cunha mellor marca persoal de 49.75 que ademáis o sitúan nos postos top do raning. Martiño súmase desta maneira, a esa gran e importante remesa actual de catrocentistas galegos.

No medio fondo, un excelente Javier Picos do Marineda At. melloraba, e de que maneira, o seu metal de bronce do ano pasado nos 800 m. escalando dous postos no podio e proclamándose campión de España nunha carreira táctica que gañaba con autoridade en 1:57.14. Sobre esta mesma distancia, a internacional Sabela Martínez da Gimnástica, tan só cedía ante a líder do ano, logrando un fantástico subcampionato de España sobre unha distancia moi esixente que remataba en 2:13.55

A proba que reultou máis interesante, en canto a resultados, foi sen dúbida a proba dos 3.000 m. Sobre unha distancia na que os primeiros postos do ranking de España están reservados a atletas galegos, os prognósticos cumplíronse ao pé da letra. Sabela Castelo, totalmente recuperada, volvía amosar a súa calidade e progresión que a levaban novamente ata o máis alto do caixón de podio cun rexistro de 10:12.99. Na mesma distancia tamén, non menos excelente, resultou a actuación da pulila de Manuel Hurtado Sabela Fernández da Gimnástica, quen colleitaba o metal de bronce cun crono oficial de 10:17.81.

Si todo esto a contecía na categoría feminina, na masculina un intratable Alex Sierpes do Vicky F., facía valer a súa estratosférica marca de fai unhas datas sobre os 3.000 para lograr un traballado pero autoritario título de campión de España que o colocan de maneira destacada como líder indiscutible esta distancia.

Outro dos concursos con marcada presenza galega foi o concurso de salto de altura. Gael Couñago do CAR de Redondela confirmando a súa excelente progresión, volvía novamente a estar na barreira dos dous metros o que lle permitían ocupar o posto de medallista de bronce. Mesma posición para Iria Solera do Ourense Atletismo quen suma outra medalla como xa fixera sendo Sub16 nun momento no que, logo da recente retirada de Saleta Fernández, o futuro desta modalida asemella estar asegurado.

Outro dos puntos de atención, foi o que protagonizaron os atletas do Ourense Atletismo Hugo Casañas e Aitana Capeans, sobre o círculo de lanzamentos. Novamente o xoven valor da especialidade non defraudou nunha fin de semana, na que puxo de manifesto a súa enorme calidade. Recén chegado de Castellón co título de campión de España en disco Sub18 baixo o brazo,  tivo tempo de tomar parte no campionato indoor de Valencia e lograr outro título cunha gran superioridade de 18.89 m.

En mullleres a campioa de España do ano pasado sendo Sub16 Aitana Capeáns, asumía o reto de debutar nunha categoría superior logrando unha excelente medalla de bronce cun mellor lanzamento de 14.55 m. no que cedía tan só, ante dúas atletas dun ano superior.

No resto de actuacións compre salientar os postos de finalistas logrados por:

Eva Rouco do Lucus, 4º nos 1.500 m. con 4:55.10; Eloy Vázquez do At.Barbanza, 5º nos 60 m. 7.09; Sebastián Bascoy do Coruña Comarca, 5º nos 200 m. con 22.68; María Estévez da Gimnástica, 5ª nos 1.500 m. con 4:55.56; Demeku Paniagua de O Pino, 5º nos 3.000 m. con 10:22.29; Adriana Castiñeira do Coruña Comarca, 6ª en altura 1.60 m.; Guillermo Piñeiro da Gimnástica, 7º en 60 valos con 8.20.; Irma Vieguela do Ourense At, 7º nos 800 m. con 2:19.62.; Paula Conde do Lucus, 8º nos 60 m. con 7.83; Debris Paniagua de O Pino, 8ª nos 1.500 m. con 4:56.66

Lea también

El jugador de O Parrulo Ferrol, Lukas Ramos, convocado por primera vez con la selección de Países Bajos

O Parrulo Ferrol cuenta con un nuevo jugador internacional absoluto en sus filas, tras ser …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *