O BNG de Narón consegue incluir a estrada da Fraga do Val nunhas axudas solicitadas á Xunta

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural publicou unhas axudas financiadas ao abeiro de “Camiños rurais” ao que o concello de Narón correspóndenlles 58.406 euros. Por isto o mércores 12 de febreiro o BNG rexistrou unha moción informando «das axudas e pedindo que a estrada da Fraga fose incluída por cumprir os requisitos; ter un tamaño considerable “e por dar continuidade agora que se arranxou a de Baltar e hai unha rotonda en obras á altura da Concha que comunica co camiño de Chalea e este coa Estrada da Fraga.

Pensamos que se melloraría a mobilidade de moitos veciños desta maneira” declara Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.

Ademais, desde o BNG informan que o obxectivo “de non seguir a perder axudas e informar dados os últimos malos exemplos como a das axudas directas a limpeza de praias que outorga a Deputación da Coruña e que este ano non cubriron. Isto fixo que perderamos 21.000 euros nun Concello que polo que sabemos as contas non van moi alá. Un escándalo” informa Ledo.

Despois de presentar por rexistro o BNG a moción, desde o bloque informan que «a finais desa semana o concello solicitou as axudas e nelas incluían a demanda do BNG». No BNG «alégranse e din manter a moción para corroborar que esta estrada estea incluída nas axudas a moción chega a pleno aprobada por unanimidade na comisión de obras e servizos e que iría agora a unha xunta de goberno para aceptalas)».

TÉCNICO DEPORTIVO E AXUDAS DA DEPUTACIÓN PERDIDAS POLO CONCELLO

O grupo municipal do BNG responde ao concelleiro da área a respecto das axudas perdidas na Deputación «que asegurou no seu momento non solicitar as axudas porque “eran para mantemento de persoal”.

Desde o BNG sorpréndense de que «o concello afirmase tal cousa xa que as axudas que ofrece a Deputación son para mantemento ou contratación “e é nesta última na que esperabamos que o concello solicitase a axuda correspondente mais tendo en conta que hai unha moción aprobada polo BNG por unanimidade con carácter vinculante na que se aprobou crear o posto de traballo de técnica/o deportiva… cando pensan resolvelo é algo que nin elas e eles saben” alegan desde o BNG

Lea también

Marián Ferreiro participa nunha mesa sobre promoción de políticas locais de igualdade coa mocidade

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, participou na mañá deste xoves 28 no segundo Encontro …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *