Moeche ofrece un programa de alfabetización emocional para familias

Organizadas polo Concello de Moeche no marco das axudas do Pacto do Estado contra a violencia de  xénero. Desde a concellería de igualdade do Concello de Moeche organizouse para este mes de febreiro un programa de alfabetización e acollemento emocional para a infancia e as familias.
 
 
O proxecto ten dúas vertentes, unha para  a rapazada  e outras para as persoas adultas que conforman as familias. Comprende  varias sesións formativas prácticas e dinámicas enfocadas a axudar ás crianzas e ás súas familias nos retos de coñecer, comprender, acompañar e manexar mellor as súas emocións, desenvolvendo habilidades que lles permitirán enfrontar os desafíos emocionais dunha maneira saudable e construtiva.
 
Búscase axudar á rapazada e ás familias a coñecer, identificar e comprender as súas propias emocións, ensinar estratexias para expresalas, a desenvolver habilidades para regular e manexar emocións negativas e a adquirir recursos prácticos de regulación destas emocións.
 
As sesións para as familias realizaranse os días 25 e 27 de febreiro de 19:00h a 20:30 horas no Fco. Piñeiro, e serán impartidas por Anabel Mosquera, unha profesional con ampla experiencia neste ámbito. As sesión son completamente gratuítas.
 
Cos pequenos as sesións realizáronse na escola nos días 19, 20 e 21 de febreiro, con actividades adaptadas a cada idade e necesidades específicas, traballando desde as perspectivas da inclusión e igualdade.
 
 

Lea también

Inscrición aberta en Fene para asistir ao espectáculo de narración oral Onde nacen os monstros

Nova sesión de contacontos na Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé de Fene, desta vez baseada …