Pontedeume e Deputación da Coruña financiarán a reforma do Centro Social de Vizús

Ambas institucións formalizaron un convenio de cooperación para renovar e mellorar a accesibilidade do centro cun total de e 306.713,10 €. A Deputación da Coruña aportará 245.370€, o 80% da obra, e o Concello a cantidade restante.

O Concello de Pontedeume e a Deputación da Coruña cofinanciarán as obras de reforma e mellora da accesibilidade do Centro Social de Vizús, na parroquia de Centroña. 

A execución dos traballos terá un custo total de 306.713,10 €, dos que 245.370€ serán aportados pola Deputación a través dunha subvención nominativa. Isto implica que a institución provincial asumirá o 80% do custo da obra e o Concello o 20% restante. 

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, destaca que o Centro Social de Vizús «cumpre un papel fundamental para a venciñanza da parroquia, impulsando a súa participación na vida do Concello a través de diferentes actividades». 

«Dende o peche a principios da década dos 2000 da antiga escola unitaria da de Centroña, o local social foi empregado para cursos e palestras sobre cociña, micoloxía, pintura, bordado, idiomas ou historia local», destaca o rexedor. 

«Este uso continuado, tendo en conta que falamos dunha construción dos anos 60, fixo que o edificio presente na actualidade un gran número de deficiencias e danos, que dada a relevancia dalgún deles, deben ser reparados canto antes», engade. 

Fernández Piñeiro quixo agradecer «o apoio da Deputación a esta demanda clave da veciñanza, que demostra unha vez máis o seu compromiso con Pontedeume».

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …