Cerdido destinará 60.000 euros á mellora da eficiencia enerxética no pavillón municipal

O proxecto estará aberto a ofertas no perfil de contratación ata o vindeiro 21 de agosto.

O Concello de Cerdido destinará un total de 59.991, 36 euros a un ambicioso proxecto de mellora no pavillón municipal coa finalidade de mellorar a eficiencia enerxética nesta infraestrutura. O proxecto está actualmente na plataforma de contratación, aberto a ofertas ata o 21 de agosto.

As actuacións previstas, que se executarán grazas a unha subvención do Fondo de Cooperación Local da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes,responden ás deficiencias detectadas na envolvente do edificio na produción de auga quente sanitaria e nas instalacións de iluminación entre elas destacan a instalación dun sistema de produción de auga quente mediante bomba de calor de aerotermia substituíndo o actual sistema de gas por unha solución máis sostible e eficiente.

Tamén se abarcará a substitución das carpinterías existentes por elementos máis eficientes incluíndo portas cortafogos con illamento de alta densidade e porta seccional de garaxe de panel sándwich illante de aluminio as obras de adaptación e albanelaría para axustar os ocos ás novas portas con traballos en ladrillo cerámico enfoscados e pintura a mellora da drenaxe da fachada sur para evitar filtracións e reforzar a protección térmica do edificio.

Outro dos eixos da actuación será a renovación da iluminación por sistemas máis eficientes substituíndo luminarias antigas e defectuosas por tecnoloxía adaptada ás necesidades do recinto.

O alcalde de Cerdido, Alberto Rey, destacou que estas obras “supoñen un paso máis no compromiso do goberno local coa mellora da eficiencia enerxética e a comodidade das instalacións deportivas municipais, beneficiando tanto aos usuarios habituais como aos eventos que sedesenvolven no recinto”.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …