Fene, Mugardos e Neda desenvolven un proxecto de prevención de condutas aditivas

O concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa “Prevención e resolución de conflitos na aula desde a educación emocional”, subvencionado pola Consellería de Sanidade.

O obxectivo xeral do programa é formar e sensibilizar ao alumnado e as familias na prevención e resolución de conflitos tomando como base a educación emocional. Os obxectivos específicos a tratar do programa de Prevención e resolución de conflitos na aula desde a educación emocional está subvencionado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e se entra en:

-Sensibilizar e desenvolver habilidades sociais e emocionais para identificar e previr o acoso escolar.

-Desenvolver habilidades para resolver conflitos de forma saudable e respectuosa, a partir da educación emocional, a disciplina positiva e a comunicación no violenta.

-Dar a coñocer e poñer en práctica estratexias e ferramentas para a identificación e resolución de conflitos.

-Proporcionar ferramentas que melloren a comunicación e aprender a comunicarse de forma asertiva.

A actividade vai dirixida ao alumnado de Primaria e artellarase mediante sesións prácticas, asi como reflexións grupais sobre situacións emocionais comúns, discusión de casos prácticos, xogos de roles para prácticar a empatía e técnicas de comunicación efectiva.

Segundo informan desde a Concellería de Servizos Sociais, ao longo do mes de xaneiro realizouse a presentación do programa nos centros escolares e recolleronse solicitudes para elaborar o cronograma. E o pasado venres iniciáronse os obradoiros nos centros escolares de Fene e dos outros dous concellos, programándose tres sesións por grupo-aula. O programa concluirá o 24/4/25.

Máis información: no centro municipal de Servizos Sociais do Concello de Fene ou a través da caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal . Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo – San Valentín Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607

 

Lea también

Finaliza en Mugardos la campaña de donación de alimentos para las colonias felinas

El Concello de Mugardos informa del fin de la campaña de donación de alimentos húmedos …