Ares volve a estar presente na última edición de Equiocio

Dende o 31 de xullo até este domingo 3 de agosto, o municipio aresán conta co seu propio stand en Equiocio 2025, unha cita deportiva ineludible para a comarca arredor da hípica, ademais de ser un evento fundamental para divulgar o patrimonio paisaxísticoe os atractivos das localidades de Ferrolterra.

A concelleira de Turismo, Lucía Blanco acudiu ata o Campo das Cabazas á inauguración institucional do certame de hípica, xunto con representantes doutros concellos participantes, da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, da organización de Equiocio e os restantes axentes colaboradores.

Durante estes días, Ares terá o seu espazo a través do posto daConcellaría de Turismo, atendido polas técnicas que se desprazaron até alí para afondar nos atractivos da vila. O pasado indiano, a natureza, as rutas de sendeirismo, as travesías a bordo do M. Presas ou a cultura mariñeira aresá serán algún dos elementos sobre os que falarán a toda aquela persoa interesada no municipio.

Será unha forma de contribuír ao posicionamento de Ares na comarca, conectándose con axentes dos sectores culturais, turísticos e deportivos, e establecer novas sinerxias con outros concellos da zona.

Lea también

Neda activa a preinscrición de novo alumnado da Escola infantil municipal para o curso 2026-2027

O Concello de Neda abre este venres 20 o prazo de preinscricións para novo alumnado …