Fene abre inscrición para o XV Concurso de Tapas

O Certame celebrarase do 4 ao 13 de abril coa finalidade de promover e dinamizar a hostalería local. Os establecementos interesados poden inscribirse até o 10 de marzo a través do Rexistro municipal ou na sede electrónica.

O Concello de Fene está a organizar unha nova edición do Concurso de Tapas, que este ano celebra a súa 15ª edición co obxectivo de promover e dinamizar a actividade da hostalería local. A iniciativa busca incentivar a especialización e a mellora da calidade das tapas, consolidando os petiscos como unha referencia gastronómica no municipio.

O certame desenvolverase entre o 4 e o 13 de abril, nos seguintes horarios: venres de 20.00 a 22.00 horas, sábados de 13.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 22.00 horas, e domingos de 13.00 a 15.00 horas. Durante esas datas, os establecementos participantes ofrecerán as súas creacións gastronómicas a un prezo fixo de 2,50 euros.

A concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, destacou que este evento “é unha excelente oportunidade para que os locais de hostalería mostren a súa creatividade, ofrezan propostas innovadoras e, ao mesmo tempo, contribúan a dinamizar a economía local. Con cada edición vemos un maior nivel nas tapas, o que demostra o talento e o compromiso dos nosos hostaleiros”.

Inscrición aberta ata o 10 de marzo

Os establecementos interesados en participar poden formalizar a súa inscrición ata o 10 de marzo a través do Rexistro municipal ou da sede electrónica do Concello de Fene. Ademais, deberán enviar unha fotografía da tapa ao correo desenvolvemento.local@fene.gal.

As bases do concurso e o modelo de solicitude están dispoñibles na fene.gal. Para máis información, os locais interesados poden dirixir as súas consultas ao 981 492 767.

O Concello anima a todos os establecementos de hostalería do municipio a participar neste certame, que ano tras ano contribúe a potenciar a oferta gastronómica de Fene e a atraer tanto veciñanza como visitantes á vila.

Lea también

Daños en el interior de un vehículo al incendiarse la parte del motor, en Perlío

La propietaria de un Ford Max se llevó más que un susto cuando en la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *